Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Máis de 80 persoas percorren con Abellariza a 2ª etapa do Camiño dos Faros

Máis de 80 persoas percorren con Abellariza a 2ª etapa do Camiño dos Faros
abellariza-camino-faros O pasado domingo, a asociación Abellariza organizou unha andaina dende Corme ata Ponteceso Máis de 80 persoas paraticiparon o pasado domingo na andaina de Corme a Ponteceso; un percorrido que forma parte da 2ª etapa do O Camiño dos Faros organizada pola agrupación deportiva Abellariza, coa colaboración do concello de Ponteceso. En total foron once quilómetros de percorrido que se realizaron en menos de tres horas. Desta forma, a entidade pontecesá homenaxeou á asociación Camiño dos Faros que vén de firmar un convenio coa Deputación da Coruña a través do cal o ente provincial asume unha boa parte dos traballos para que esta ruta que une a Costa da Morte obteña a homologación de ruta de Gran Percorrido.   abellariza-andaina Máis de 80 persoas participaron na camiñata do pasado domingo  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios