Venres. 18.06.2021
El tiempo

Nova xornada informativa sobre o Parque Eólico das Salgueiras no Monte Branco

Xornadas do Cantin do Canteiro
Nova xornada informativa sobre o Parque Eólico das Salgueiras no Monte Branco

Multiplícanse os actos informativos da veciñanza arredor da nova pandemia eólica da Costa da Morte. Se a semana pasada Carballo acollía un acto informativo sobre os megaparques do Ministerio, e este sábado hai recital poético e andaina en defensa dos Penedos de Traba e Pasarela, por Ponteceso tamén haberá acto informativo.

Son a Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras e a Rede Galega por un Rural Vivo as que organizan as Xornadas Cantís do Canteiro, que que se desenvolverán o domingo 23 ás 11:30h no miradoiro do Monte Branco, un lugar directamente afectado polo P.E. As Salgueiras.

Precisamente a charla e o debate xirarán sobre este Parque e sobre a necesaria transición enerxética de Galicia. Desta volta os ponentes serán Amancio Sotillo, membro de Adega; e Carlos Penedo da Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras.

Consideran que “información e concienciacion é a clave”, por iso a intención é que estas sesións se celebren cada 15 días.

Vídeo comprometido

Dende outras partes de Galicia envían este divertido vídeo protesta:

Novas sobre eólicos

comentarios