Venres. 19.04.2024
El tiempo

Nuba aprendeu a ler cos cativ@s de Ponteceso

Nuba aprendeu a ler cos cativ@s de Ponteceso
Nenos de Ponteceso con Nuba de Cadelar Nenos de Ponteceso con Nuba de Cadelar Como disfrutan os pequenos con Nuba, esa preciosa Golden Retriever de 4 anos con máis paciencia ca unha santa. A artista da iniciativa Cadelar, Intervencións Asistidas con Animais fixo gozar dunha xornada de fomento da lectura e de achegamento ao reino animal a 15 nen@s de Ponteceso. O obradoiro de lectura asistida con cans foi todo un éxito. Tanto é así que no concello, e na prootora Clínica Veterinaria A Ponte, están convencid@s de que vai haber moitas peticións para que se repita. Nuba deixouse sobar e ser utilizada como almofada, xogou cos nenos e as nenas e asistiu coma unha máis a todas as actividades do obradoiro, que foron moitas. Tocou ler (iso xa non foi a cargo de Nuba…) libros como “La niña que sabía de perros”, ou “Sultán non ten microchip, unha aventura dos Bolechas”. Houbo tempo tamén de aprender a pasear a un can, peitear… e deixar claras as responsabilidades que afrontan as familias que queren vivir cun animal (como recoller as deposicións); así como os tesouros en forma de agarimo que se reciben do mesmo.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-coles-da-bisbarra-gozan-e-aprenden-con-cadelar/ https://quepasanacosta.gal/cadelar-e-incrible-ver-como-lles-cambia-a-cara-cando-ven-entrar-a-nuba-e-o-que-disfrutan-traballando-con-ela/

Comentarios