Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Ponteceso denuncia que o PP non lle permite facer unha campaña

O BNG de Ponteceso denuncia que o PP non lle permite facer unha campaña

As farolas de media Costa da Morte acollen dende a semana pasada unhas bandeirolas do BNG, co gallo do día da Patria. Pero non en Ponteceso, onde segundo denuncia os militantes do BNG a Policía Local prohibiuno.

Denuncia o BNG de Bergantiños que "cando un grupo de militantes do BNG estaban a colocar as bandeirolas da campaña do Día da Patria no centro de Ponteceso, cando foron abordados pola Policía Local quen lles indicou que non podían colocar esta publicidade nas farolas, que a ordenanza municipal non o permitía. Resulta que cando os militantes do BNG lle indicaron á Policía Local que había moitos outros carteis doutros eventos instalados nas farolas, o axente díxolles que a el enviárano alí, a parar a colocación dos vinilos do BNG, e non lle dixeran nada doutra publicidade".

Desde o BNG denuncian "esta actitude, desde o noso punto de vista, absolutamente antidemocrática e fascistoide do Partido Popular, que utiliza unha ordenanza dun xeito sectario, para impedir unicamente aquela publicidade que lle estorba, a do BNG".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Bergantiños.

Comentarios