Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Ponteceso pide que a Xunta adquira un compromiso constante coa comunidade escolar

O BNG de Ponteceso pide que a Xunta adquira un compromiso constante coa comunidade escolar
O concelleiro de Educación e portavoz do BNG no concello de Ponteceso, Carlos Penedo, vén mostrar a súa satisfacción logo de que consellería de Educación acordara - "tras meses de insistencia pola nosa parte", sinal - prestar atención aos centros educativos de Ponteceso. Ademais, o nacionalista indica que "animamos ao xefe territorial de Educación da Xunta a que non demore máis a actuación que se precisa no CEIP das Forcadas”. O portavoz nacionalista insistiu en poñer de relevo o esforzo desde o concello de Ponteceso nestes últimos tres anos asumindo o mantemento ordinario dos centros de ensino Eduardo Pondal e As Forcadas, ademais das escolas rurais, e lembrou que máis do 90% do orzamento de Educación se destina anualmente a resolver cuestións como substitución de cristaleiras, portas, reparación dos sistemas eléctricos ou de tellados, entre outros. Penedo dá a benvida a este traballo en prol da comunidade escolar de Ponteceso á Xunta de Galiza, "até o de agora xorda ás demandas das ANPAS e dos docentes" - sinalan dende o BNG -, despois de que hai uns días o xefe territorial de Educación, acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, visitara e retratara na súa visita as obras de colocación dun ascensor no CEIP Eduardo Pondal. O concelleiro nacionalista convida á Xunta a manter o interese, prover investimentos para os centros e, no inmediato, cumprir a promesa que fixo o propio xefe de Educación de arranxar unha pista de xogos no CEIP das Forcadas, en Corme. Por último, Carlos Penedo destacou que parte do éxito de que as demandas da comunidade educativa de Ponteceso empecen a ser atendidas ten que ver co traballo e os acordos que se van tomando no Consello Escolar Municipal que se puxo en funcionamento dende esta concellaría. Fonte

Comentarios