Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Defensor do pobo admite unha queixa de APIN pola falta de acceso ás contas municipais

O Defensor do pobo admite unha queixa de APIN pola falta de acceso ás contas municipais

O Defensor do pobo, agora só chamado “El Defensor del Pueblo”, vén de admitir admitiu a trámite unha queixa enviada pola Agrupación Pondaliana Independente porque o Concello de Ponteceso sobre a falta de acceso á información nas contas municipais.

O pasado 17 de maio o grupo de APIN solicitaba ter acceso á documentación da conta 413(facturas pendientes de pago sen repaldo orzamentario). O día 10 dese mesmo mes o grupo de goberno contestaba que estaban a preparar o citado expediente, pero pasado un tempo e dado que non nos comunicaban a data e hora para ter acceso ao expediente presentamos a queixa ao Defensor que vén de ser admitida", explican dende APIN.

Dende a oposición denuncian que no 2012 o Concello pediu un préstamo no 2012 de 1,7 millóns de euros no marco dun Plan de pagos do Goberno Central para os Concellos. "Con ese plan o Alcalde afirmou no pleno que non quedaban máis facturas nos caixóns”, sinalan, pero denuncian que este 2013 "aparecen facturas por 1,2 millón de euros que están reflexados na conta 413".

Novas relacionadas

Comentarios