Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O misterio do mar da Costa da Morte dende o prisma dun artista de NYC

O misterio do mar da Costa da Morte dende o prisma dun artista de NYC
O artista neoiorquino afincado en Espana desde o anos setenta Keith L Boydiante su obra COMO UN ABANICO O artista neoiorquino afincado en Espana desde o anos setenta Keith L Boydiante su obra COMO UN ABANICO

”Keith L. Boyd consegue captar o misterio do mar da Costa da Morte”. Así describía o escritor e exministro de Cultura César Antonio Molina na presentación, na Casa de Galicia, da mostra “Mares”. “Keith é un pintor sibilino que interpreta o que o mar lle comunica a través da mestura de cores, a través do movemento das ondas, a través do seu propio espírito metamorfoseando no irracional”, destacaron os presentes na inauguración desta exposición poderá verse na Casa durante o mes de febreiro.

A vinculación de Boyd con Galicia ven dada ademais pola bolsa que lle concedeu en 2005 a Fundación Torre Pujales, de Corme, onde se trasladou durante unha tempada para pintar in situ as belezas da Costa da Morte. Nos seguintes anos faría tamén varias exposicións en Fisterra, unha delas no mesmo Faro que protexe coa súa luz aos navegantes na punta máis occidental da Península Ibérica. Engadiu ademais que a interpretación que da zona atrévense a dar os pintores pode ser moi variada, “desde a abstracción dalgúns, en que as pinceladas reflicten máis ben a ondada que axita a mente do propio artista antes que o que a súa mirada ve, ata o caso daqueles en que, sen ser totalmente realistas, como Keith, fan que nos sintamos plenamente inmersos nese mar embravecido tan prototípico dese territorio de lenda”. Lembrou Jiménez que a xeografía “é abrupta e salpicada de perigos, como paso a paso, naufraxio a naufraxio, detallou minuciosamente Baña Heim no seu histórico libro sobre o tema, sendo un dos episodios culminantes máis tráxicos o naufraxio do Serpent, o buque-escola inglés que se afundiu en 1890 en Punta Boi e no que perderon a vida 172 guardiamarinas”. Aqueles momentos especialmente sanguentos aparecen tamén, “consciente ou inconscientemente”, na pintura de Keith, “ou polo menos así o entendo eu, cando pon nos seus cadros cores vermellas de diversos tons e para as que non basta só a inspiración do resplandor do atardecer”. Recomendou tamén o coordinador de Actividades “non deixar de ler os textos do catálogo que elaboramos e en especial o prólogo de César Antonio Molina, quen coas súas palabras bendí esta mostra”.

O escritor e exministro Cesar A Molina co artista Keith L Boyd el coordinador de Actividades de la Casa Ramon Jimene O escritor e exministro Cesar A Molina co artista Keith L Boyd el coordinador de Actividades de la Casa Ramón Jimenez

A exposición de Keith L. Boyd poderá visitarse na Salas A e B ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas os días laborables. Domingos e festivos, de 10 a 14 horas.

Fonte
  • Casa de Galicia en Madrid.

Comentarios