Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP de Ponteceso continúa criticando o gasto do concello

O PP de Ponteceso continúa criticando o gasto do concello
Nova crítica do PP ao goberno do tripartito de Ponteceso. Nesta ocasión, o motivo da crítica é a xestión do sistema eléctrico. "A semana pasada, criticábamos que se contratase unha empresa para realizar as labores que pode facer un operario electricista no concello, á cal se lle pagan 6.000 euros ao mes, e o señor alcalde respostaba que o operario que levaba facendo durante anos a labor de electricista no concello, non tiña a titulación adecuada para cambiar bombillas, e por eso non podía facer o mantemento do alumeado público e outras labores de electricista municipal". Segundo indican dende o PP a situación cambiou esta mesma semana xa que, segundo sinalan, instalou na vila os arcos de bombillas para as festas da Barquiña. Neste sentido, dende a xunta local do Partido Popular manifestan que se alegran de que "o alcalde aproveite os recursos que ten ainda que o colleramos noutra mentira, pero pedímoslle que non siga pagando cantidades desorbitadas por traballos que poden facer os operarios municipais". Ademais, o PP critica que ainda que o concello conta cunha empresa "á que lle pagaban 6.000 euros ao mes, o tripartito ten abandoado o alumeado público que nin se mantén e nin se atenden os avisos nos prazos prudenciais".  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-ponteceso-critica-o-derroche-sen-control-do-goberno-local/ “O PP lamenta as dúas sentenzas laborais contra o Concello de Ponteceso” — Que pasa na costa “O PP de Ponteceso critica a “mentira na que vive instalado Carballido”” — Que pasa na costa “O PP pontecesán lamenta que o Concello perdese dúas importantes subvencións este ano” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios