Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP de Ponteceso critica a "mentira na que vive instalado Carballido"

O PP de Ponteceso critica a "mentira na que vive instalado Carballido"

Volve á carga o PP de Ponteceso contra os 3 anos de goberno tripartito de Ponteceso. Concretamente carga as tintas a xunta local contra o alcalde, Lois Carballido, unha vez que os seus compañeiros de goberno, Eduardo Verdes (APIN) e Carlos Penedo (BNG) téñense desmarcado en máis dunha vez dalgunha decisión.

O PP quere falar dos 4 millóns da débeda que supostamente deixou o seu propio mandato nas arcas municipais e que tanto criticou unha e outra vez o actual alcalde. “Por que non solicitou unha auditoría externa cando entrou no gobernó, para que se soubese a verdade da débeda do Concello?”, pregúntase o PP. “Porque pensou que podería vivir dunha mentira durante catro anos”, respóndese.

O PP critica os “5 soldos que aprobou o goberno aos concelleiros (algún de 3000 euros mensuais); a contratación asesores legais, de foto e de Facebook, ou a creación de prazas faraónicas ou coches híbridos para que paseen os socios de goberno”. “Se fose verdade o que di sobre a débeda, o Concello de Ponteceso houbera sido intervido”, afirman con rotundidade.

E dá algún dato o PP, explicando que á concesionaria da auga, Espina, “non se lle debía nada, pois esta empresa debía un millón o Concello, e o Concello outro a Espina”. Lembran ademai que o goberno gastou no segundo semestre de 2015 515.000€ sen partida presupuestaria”, por tanto “non debería haber tanta débeda”.

O PP pregunta polos concursos de auga ou “alcantarillado” que xa tiñan que ter feito os seus procesos dende hai 3 anos, pero que foron desbotados polos tribunais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-pontecesan-lamenta-que-o-concello-perdese-duas-importantes-subvencions-este-ano/

Comentarios