Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Ponteceso critica a perda de subvencións por parte do goberno municipal

O PP de Ponteceso critica a perda de subvencións por parte do goberno municipal
Unha nova crítíca - nesta ocasión dende a oposición - chega ao concello de Ponteceso. O Partido Popular amosou a través dunha nota de prensa emitida onte a súa inquedanza ante "a incapacidade do goberno actual de Ponteceso de sacar adiante as obras do POS 2016 cando está a piques de saír a convocatoria do 2017". Os populares critican que as únicas obras e inversión que se realizaron nun ano de goberno partan do mandato anterior da man de José Luis Fondo Aguiar - do PP -. Ao mesmo tempo, na nota de prensa os populares manifestan a súa preocupación por "ver que se perden subvencións" tales como a do parque empresarial de Ponteceso - cun importe de 30.052,75€ -; a do Instituto Enerxético de Galicia para a renovación do alumeado público cun importe de 46.107,24€ e a da cuadrilla de incendios por un importe de 50.000€. Neste sentido, dende o PP exísenlle ao alcalde que "deixe de mentir e que, se é verdade que fai 80.000 km ao ano para realizar xestións no concello, que isto teña algún impacto que non sexa a perda continua de subvencións", reiteran, Asemande, aproveitan a ocasión para criticar as "peregrinacións fictíceas" a Santiago para conseguir subvencións.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios