Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Ponteceso critica o "derroche sen control" do goberno local

O PP de Ponteceso critica o "derroche sen control" do goberno local
sumidorios-paseo-maritimo-corme O PP de Ponteceso critica o estado dos sumidorios no paseo marítimo de Corme un ano despois de realizar obras de mellora A xunta local do partido Popular de Ponteceso volve á carga contra o goberno do bipartito. Nesta ocasión, critican "o derroche de cartos sen control e sen aportar solucións". En concreto falan de varias actuacións. Unha deles é a fonte de Brantuas de abaixo onde, segundo sinalan dende o PP, o goberno investiu 18.000 euros nunhas obras de reparación que "fixeron secar a fonte" o cal, segundo os populares, provocou un considerable enfado entre a veciñanza. Ademais, os do PP critican o "abandono noutras fontes como a de Lestimoño". Por outra parte, os do PP critican as obras de reparación levadas a cabo no paseo marítimo de Corme onde "un ano despois das obras hai novamente vertidos". "Esto demostra que, mentras ao concelleiro de Obras, con coche pagado polo concello e cando cobraba 3.000 euros ao mes, fixo unha pésima auditoría da obra e unhapeor planificación da solución", indican desde o PP que tamén critican "a cantidade de diñeiro investidos sen necesidade na praza do Recheo de Ponteceso". Por outra banda, a xunta do PP de Ponteceso tacha de "goberno desnortado onde cada un buscoa a foto en Facebook de éxito rápido e sen preocuparse en planificar e supervisar obras que custan moito diñeiro ás arcas do concello e que demostra que a xestión do bipartito queda lonxe de ser exemplar".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-lamenta-as-duas-sentenzas-laborais-contra-o-concello-de-ponteceso/ “O PP de Ponteceso critica a “mentira na que vive instalado Carballido”” — Que pasa na costa “O PP pontecesán lamenta que o Concello perdese dúas importantes subvencións este ano” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios