Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP lamenta as dúas sentenzas laborais contra o Concello de Ponteceso

O PP lamenta as dúas sentenzas laborais contra o Concello de Ponteceso
Lois Carballido, alcalde de Ponteceso

Segue movida a política municipal en Ponteceso nas últimas semanas, parece que xa quecendo motores para as eleccións do vindeiro maio. Desta volta, o PP volve arremeter contra o alcalde socialista, lamentando que non faga públicas as sentenzas que non lle son favorables. Lembra o PP que o Concello “perdeu dous xuizos laboráis”, un contencioso pola “chapuza de proceso selectivo que fixeron para a ampliación de efectivos do GES”, e outro o dunha “empregada municipal que lle gañou un xuizo no xulgado do social pola modificación contractual da súa situación laboral, sen o seu consentimento”, sinalan, preguntándolle ademais a Carballido cando “gasta en asesores legais e abogados, cada mes”.

O PP aproveita para criticar tamén un estudo realizado polo Concello sobre as rozas nos montes. Un estudo a través do que o concello enviou 4.000 cartas aos veciños (se ben non todos son propietarios), que lle custou 16.000€ ás arcas municopais, e que, segundo o PP, “ten numerosos erros”, ademais de ter a intención de “xerar polémica ao criticar á Xunta”.
Así mesmo, consideran que “sería interesante que os primeiros en cumprir coa lei de montes foran os membros do gobernó municipal de Ponteceso. Están os camiños rurais municipais sen desbrozar e totalmente descoidados. Camiños utilizados por turistas, percebeiros e persoal contra o lume, como é o caso da ruta homologada PRG-148”.

Un dato que Carballido non entende, asegurando que o desbroce de pistas está máis avanzado que nunca, con 250 dos 300 km de pistas municipais da rematados”.

En materia de alumeado, o PP considera un “despilfarro” a contratación dunha empresa para o mantemento do alumeado público por 6.000€ “a pesar de ter personal capacitado que fixo o traballo durante 22 anos”.

A “débeda” eterna

Carballido volve outra e outra vez, ao son da polémica, coa débeda que o PP deixara no Concello de Ponteceso tra anos de goberno municipal. O alcalde socialista retoma un informe da interventora que demostra que no verán de 2015, cando tomou posesión o goberno tripartito, había case 2,7 millóns de euros en débedas. A interventora sinala no seu informe que mesmo o concello tivo problemas de liquidez para pagos ordinarios, polo que o ex alcalde Fondo Aguiar tivera que suscribir tres créditos por 3 millóns de euros con Banco Santander-ICO, BBVA e Abanca.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-ponteceso-critica-a-mentira-na-que-vive-instalado-carballido/ https://quepasanacosta.gal/o-pp-pontecesan-lamenta-que-o-concello-perdese-duas-importantes-subvencions-este-ano/

Comentarios