Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP pontecesán lamenta que o Concello perdese dúas importantes subvencións este ano

O PP pontecesán lamenta que o Concello perdese dúas importantes subvencións este ano
Vehiculo comprado en Ponteceso co Fondo de Compensacion Ambiental Vehiculo comprado en Ponteceso co Fondo de Compensacion Ambiental que o PP denuncia que é usado polo teniente alcalde Segue o PP de Ponteceso en campaña de cara ás municipais despois de 3 anos de silencio. E faino denunciando a perda de dúas subvencións do tripartito. Por un lado lamenta que o Fondo de Compensacion Ambiental se malgaste comprando, por exemplo, coches para uso do Tentente de Alcalde, a pesar de que se trata dunhas axudas que se poderían empregar na dotación da rede de sumidoiros. Pero sobre todo, o PP sinala como máis grave a “perda dunha axuda clave para a mellora dos camiños Rurais de Agader, que permitiría facer melloras en vais que non foron mantidos durante esta lexislatura e que se atopan nun estado lamentable”. ”As axudas perdéronas por non presentar as contas do ano pasado en prazo, ante o tribunal de Contas, o que amosa a prodixiosa xestión económica do actual goberno”, denuncia o grupo da oposición.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/pp-e-psoe-enzarzanse-en-ponteceso-agracedendo-e-culpando-a-xunta-da-paralise-municipal/ https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-ponteceso-pide-que-a-xunta-adquira-un-compromiso-constante-coa-comunidade-escolar/

Comentarios