Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O programa Apego volve a Ponteceso cun obradoiro sobre a intelixencia emocional

O programa Apego volve a Ponteceso cun obradoiro sobre a intelixencia emocional
"Medrar con intelixencia emocional" é o título do obradoiro que se desenvolverá esta semana na biblioteca de Ponteceso dentro do programa de actividades con Apego. Esta unha actividade, coordinada polo Servizo de Normalización Lingüística que dirixe o nacionalista Carlos Penedo Casmartiño, está dirixida ás familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos coa finalidade de achegarlles o manexo da crianza, a educación e a disciplina a mediante a estimulación das emocións. Os principais obxectivos deste taller, que se celebrará o vindeiro venres 13 a partir das 19 horas, son dous. Por unha banda, preténdese dotar ás familias da información necesaria para saber como actuar ante determinadas emocións dos fillos e fillas e, pola outra, identificar as estratexias e prácticas que posibiliten a educación e a estimulación de intelixencia emocional. Para logralo, unha experta en psicoloxía familiar de Espazo Oikos facilitará, entre outras, as claves para aprender a xestionar os sentimentos e novas pautas que nos axuden a resolver de maneira satisfactoria moitos dos conflitos que xorden durante a crianza dos máis pequenos/as. A actividade é de balde e non será preciso reservar praza. O programa Apego é unha iniciativa que promove a socialización en galego da infancia  implicando ás familias con nenos/as para acadar unha educación en valores, positiva e máis participativa.   Máis información Novas relacionadas

Fonte

Comentarios