Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSOE de Ponteceso impugnará unha selección de persoal no Concello

O PSOE de Ponteceso impugnará unha selección de persoal no Concello

As 16 prazas de peóns de limpeza das praias de Ponteceso están no punto de mira da oposición. O PSOE afirma que impugnará a selección feita dende o Concello por dar máis valor ás entrevistas persoais que ao número de meses en paro dos candidatos.

Segundo denuncia o PSOE, "o Goberno negouse a consensuar as bases para garantir a transparencia" nunha moción presentada polo grupo opositor "para garantir a transparencia, ante a polémica que houbo o verán pasado coa selección de socorristas".

Segundo o PSOE "na plantilla de traballadores do Concello, podemos ver familiares dos concelleiros do PP e familiares de outros xa empregados do Concello".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

Comentarios