Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Punto Limpo de Vimianzo xa ten cuberta

O Punto Limpo de Vimianzo xa ten cuberta
Visita institucional ao punto limpo de vimianzo Visita institucional ao punto limpo de vimianzo Está desenvolvéndose un completo programa de dinamización do punto limpo de Vimianzo que vai ir casa por casa para fomentar a súa utilización por parte dos veciños. Un punto limpo, situado no revivido polígono, que xa ten practicamente rematada, unha cuberta e almacén. Así o comprobaron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, que visitaron o parque e anunciaron que a obra se fai con 92.000€ de axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A liña de axudas tamén permitiu facer diferentes obras noutros concellos da zona, como a enovación de pluviais no polígono industrial de Ponteceso, e a mellora da xestión de residuos no polígono industrial do Allo.

CARBALLO- COSTA DA MORTE

CONCELLO TÍTULO AXUDA CONCEDIDA
PONTECESO RENOVACIÓN DA REDE DE PLUVIAIS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE TELLA 48.399,99 €
VIMIANZO CUBERTA E ALMACÉN PARA APOIO DA INSTALACIÓN DE PUNTO LIMPO EN VIMIANZO 91.185,98 €
ZAS MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO ALLO 17.313,36 €

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vimianzo-estrea-punto-limpo/

Comentarios