Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Empresarios de Ponteceso únense ao Festiletras con Festisabores, Festidescontos e Festitaxis

Os Empresarios de Ponteceso únense ao Festiletras con Festisabores, Festidescontos e Festitaxis
Festisabores e Festidescontos en Ponteceso

Quere unirse á gran convocatoria do Festiletras a Asociación de Empresarios de Ponteceso. A nova directiva que aproveitar as sinerxias xeradas pooa cita cultural máis importante do todo o país polas Letras Galegas. A pequena e brava Aldea do Couto acolle dende este domingo 14 e ata o vindeiro 21, un completísimo menú cultural de primeira calidade. E para completar a oferta, os Empresarios e o Concello poñen en marcha un programa que se titula: “Festiletras, Festisabores, Festidescontos e Festitaxis”.

Son 103 os empresarios involucrados neste rexurdir dunha entidade que puxo en marcha Ponteceso durante moitos anos, pero que levaba un tempo silenciasda. Así, á chamada da nova directiva, animáronse a participar nesta nova andaina hosteleiros, tendas, peluquerías, seguros, bancos, talleres, taxis, desguaces, construcción, tanatorios, servicios, etc… Todos ofrecerán aos clientes diferentes atractivos en cada empresa, por exemplo: descontos, pinchos,…

Co afán de seguir rendendo homenaxe ao centenario da morte de Pondal, cada establecimento lucirán sendos carteis numerados con estrofas/poemas sacadas do libro “Queixume dos Pinos” (cada establecemento tera unha estrofa ou poema diferente). Xunto coas compras/consumicions/servicios, cada establecemento regalará un marcapaxinas numerado co mesmo lema do cartel co aliciente que estarán misturados entre os 103 participantes co obxetivo de facer descubrir todos e cada un dos negocios existentes no pobo pondaliano entre os nosos clientes e poder así coleccionar os 103 modelos diferentes.

Días especiais e I Ruta do Pincho Pondaliano

Haberá dous días especiais, un deles será o martes dia 16 de maio onde os empresarios colaboradores lucirán vestimentas típicas do seculo XIX. O seguinte será, como non, o 17 de maio día das letras galegas, terán festa rachada na rúa amenizada polos Farrapos do Fol de Cesullas (Cabana) e inaugurarán a I Ruta do Pincho Pondaliano que terà lugar entre as 13h e as 17h dese mesmo día. Nesta primeira edición poderanse degustar exquisitos pinchos en cada un dos 10 locales de hostelería que participan na campaña.

Deste xeito queren rexurdir a vida social na capital pondiliana, e aproveitar o tirón do Festiletras para atraer e aproveitar a visita para ofrecerlles máis xoias da nosa bisbarra.

Festisabores e Festidescontos en Ponteceso 2

Novas relacionadas

Máis Programas das Letras Galegas

Fonte

Comentarios