Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os nen@s tamén recollen o lixo da praia do Osmo

Os nen@s tamén recollen o lixo da praia do Osmo
xornada_ambiental no campamento de Ponteceso Xornada ambiental no campamento de Ponteceso

Boa iniciativa a da xornada de educación ambiental en Osmo que viviron os nenos e nenas participantes dos campamentos de conciliación de Ponteceso e Corme do Programa Respira. Unha verdadeira xornada de concienciación cidadá convertindo aos peques da casa en verdadeiros exemplos, tanto polo seu compromiso como pola súa implicación. A iniciativa, organizada co obxectivo de amosar aos máis pequenos/as a riqueza natural do noso litoral e conciencialos/as sobre a necesidade de coidar e respectar a contorna, tivo varias fases. A primeira delas, dirixida polo equipo de salvamento e socorrismo, ofreceulles a oportunidade de coñecer de primeira man o importante labor que desenvolven estes profesionais nos nosos areais para garantir a seguridade de bañistas e veraneantes. Ademais de seguir con atención as indicacións sobre o funcionamento dalgúns dispositivos de rescate e primeiros auxilios, algúns nenos/as non deixaron pasar a ocasión de converterse en protagonistas dun simulacro de evacuación.

A xornada rematou dun xeito inmellorable, coa limpeza do areal coa finalidade de tomar conciencia sobre a importancia de preservar o medio ambiente e manter en bo estado tanto as praias como o resto de espazos públicos destinados ao uso e desfrute de toda a cidadanía.

Os 42 nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade están completando un verán inesquecible con visitas como esta ou como a dos corpos de seguridade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-peques-de-ponteceso-alucinaron-co-helicoptero-da-garda-civil/

Comentarios