Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os peques de Ponteceso alucinaron co Helicóptero da Garda Civil

Os peques de Ponteceso alucinaron co Helicóptero da Garda Civil

Coma se de heroes se tratasen, varias patrullas da Xefatura Provincial de Tráfico de A Coruña fixeron unha visita moi especial no Pinguel a 50 nenos e nenas de Corme e Ponteceso. No marco dunha xornada de educación e sensibilización viaria, a Benemérita, coa colaboración de Protección Civil, permitiu que as crianzas vesen de preto motos, coches e ata un helicóptero do instituto.

A expectación era máxima. Nin o sol nin as altas temperaturas rexistradas hoxe puideron co entusiasmo e a emoción de coñecer de preto aos axentes da Garda Civil e, por suposto, de subir aos vehículos habilitados para a ocasión; dúas motos e dous todoterreo. Ademais de acender as luces e facer soar todas as sereas, os/as rapaces/as someteron a un arduo interrogatorio aos efectivos preguntando sobre cada botón que atopaban. Entre os curiosos/as que se achegaron tamén estaba un aspirante a Garda Civil, Eloy Silvariño, de 19 anos de idade e natural de Baio, que, mentres agarda o seu ingreso na Escola de Oficiais de Zaragoza, quixo ir coñecendo xa funcionamento das unidades motorizadas.

Helicoptero da Garda Civil no Pinguel Helicoptero da Garda Civil no Pinguel

Pero o gran protagonista da mañá non chegou por terra, senón que o fixo por aire. Aproveitando os labores de vixilancia que estaba realizando na zona, o helicóptero da Garda Civil achegouse ata o Pinguel para compartir cos nenos/as unha experiencia única e, a bo seguro, inesquecible. Divididos en varios grupos foron atendendo as explicacións dun dos pilotos sobre o funcionamento e os labores diarios que desenvolven.

E como a curiosidade dos máis cativos/as non ten límites, a visita acabou por converterse nunha clase maxistral na que non faltou detalle, aínda que a pregunta máis repetida foi para saber “se os malos tamén van detidos no avión”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-heroes-de-muxia/ https://quepasanacosta.gal/unha-xornada-de-convivencia-e-seguridade-cos-peques-de-brens/ nena de Ponteceso nunha moto da Garda Civil Unha nena de Ponteceso disfrutando dunha das motos da Garda Civil

Comentarios