Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pais e nais dos coles de Corme e Ponteceso votan pola Xornada Única

Pais e nais dos coles de Corme e Ponteceso votan pola Xornada Única
Será o 3º ano. A ANPA do C.E.I.P. Eduardo Pondal de Ponteceso volverá intentar acadar a xornada única dentro do centro escolar. A Asociación quere da resposta á nova petición das 92 familias que o ano pasado votaron a favor da implantación da xornada única. 92 familias que quedaron a só 3 votos, e que queren volver formular a posibilidade de conquerir unha xornada lectiva de 9:15 a 14:15, cun horario de comedor de 14:15 a 15:15 e a posibilidade de facer uso da biblioteca-ludoteca aberta en un horario de 15:30 a 17:30 supervisada por unha quenda de mestres. Unha Xornada Única que garante os servicios de comedor e transporte, así como de actividades extraescolares sen necesidade de abandonar o centro e sempre acompañados de profesorado.

Tamén Corme

Tamén os pais e nais CEIP As Forcadas de Corme teñen votación, algo moi importante porque este ano que a xornada única saia adiante depende de que os dous centros academos o 58% positivo do censo escolar respectivamente de cada centro para que o proxecto sea viable. As votacions teran lugar o próximo luns dia 28 de maio no propio centro en horario de 9:15 a 21:00 horas. Teñen toda a información no blog anpapondal.com https://quepasanacosta.gal/ponteceso-queda-ser-xornada-unica/ https://quepasanacosta.gal/a-anpa-a-granxa-consegue-a-xornada-unica-no-ceip-bergantinos/

Comentarios