Venres. 19.04.2024
El tiempo

As obras de mellora da estrada provincial a Corme por A Campara e Pazos comezan esta primave

DP 6805 entre Pazos e A Campara
As obras de mellora da estrada provincial a Corme por A Campara e Pazos comezan esta primave

En breve, trala adxudicación das obras por parte da Deputación, comezarán as obras de mellora e renovación do firme dos 3 primeiros quilómetros da estrada provincial DP 6805 de Campara a Pazos, en Ponteceso. Unha obra que conta cun  investimento de 291.707 euros, e que comezaran esta mesma primavera coa apertura de cunetas e limpeza das marxes do vial.

Executarase unha nova capa de regularización de espesor variable e completarase a actuación coa dotación dunha capa de mestura asfáltica en quente de 4 cm de espesor. Tamén instalarán unha nova bionda de seguridade.

O prazo de execución das obras será de cinco meses, polo que se prevé que as obras estean completamente rematadas en outono.

Comentarios