Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponteceso abre as súas portas a grupos e coles

Ponteceso abre as súas portas a grupos e coles
Visita do CEIP Bergantinos ao Melga de Ponteceso Visita do CEIP Bergantiños ao Melga de Ponteceso

Aberta a oferta da Concellería de Turismo de Ponteceso de visitas guiadas de balde para grupos, entidades ou centros escolares. Unha ocasión para disfrutar das marabillas das terras de Pondal con información de primeira man.

Esta fin de semana 35 sendeiristas da Asociación Recreativa Bimares, de Ares, para facer a ruta homologada PR-G148 + PR-G148.1 “Camiño da ribeira” (Ponteceso-Corme-Ponteceso). O técnico de Turismo do Concello de Ponteceso, Javier Couto, fixo de guía nos 20 km que percorren zonas como a praia de Valarés ou o esteiro do río Anllóns.

Javier Couto explicando o esteiro do Anllons aos membros de Bimares Javier Couto explicando o esteiro do Anllóns aos membros de Bimares

Outra rutas guiadas que se poden facer son “Polas ribeiras do Anllóns”, dende Ponteceso ata o refuxio de Verdes, e “Val nativo”, seguindo as pegadas de Eduardo Pondal polo concello.

Ademais, a fin de semana serviu tamén para poñer en práctica a recén estreada guía “Andando por Bergantiños, por Xores e Langueirón”. Xan Fernández Carreira, do promotor Instituto de Estudos Bergantiñáns, guiou a máis de 60 veciños que querían descubrir os tesouros das parroquias.

E tamén hai que destacar a visita que fixeron onte ao Museo Melga un grupo de alumnos/as do CEIP Bergantiños de Carballo. Ricardo Pérez e Verdes compartiu cos rapaces o seu amor polos xoguetes.

Ricardo Pérez e Verdes cos nen@s do CEIP Bergantiños Ricardo Pérez e Verdes cos nen@s do CEIP Bergantiños

Inscrición

Na páxina web municipal www.ponteceso.gal podes descargar o formulario de solicitude para grupos, entidades ou centros escolares cun mínimo de 15 participantes. Só tes que cubrilo e envialo por correo electrónico a [email protected], e contestaranche nun prazo de tres días.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios