Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponteceso abre o pleno aos veciños e ás actividades empresariais

Ponteceso abre o pleno aos veciños e ás actividades empresariais
O pleno de Ponteceso aprobou un proxecto de vodas e banquetes no pazo de Sergude en Xornes O pleno de Ponteceso aprobou un proxecto de vodas e banquetes no pazo de Sergude en Xornes Uns corenta veciños e veciñas de Ponteceso asistiron o pasado luns ao pleno celebrado polo goberno municipal onde ao final de todo houbo un espazo de "rogos e preguntas" no que os principais afectados polas inundacións da semana pasada tomaron a palabra. Xusto nese momento, os membros do Partido Popular decidiron ausentarse. Previamente todos os grupos municipais apoiaron unha moción na que se insta a todas as administracións públicar a auxiliar ao concello pontecesán na procura das solucións a esta situación que xa se repitiu en dúas ocasións no que vai de ano. Por outra parte, no pleno do pasado luns a Xunta de Goberno de Ponteceso - formada polo PSOE, APIN e BNG - deulle luz verde a varias inciativas empresariais previstas no concello e que ao seu parecer "pode ser fontes creadoras de emprego no municipio". Unha trátase dunha actividade de vodas e banquetes no pazo de Sergude en Xornes. "Eu cheguei a falar con dona Encarnación Rivas, directora xeral de Urbanismo, para explicarlle que a actividade das vodas e eventos nunha parroquia rural como Xornes é un foco de creación de emprego tan importante que non debemos poñer trabas"indicou o alcalde, Xosé Lois García Carballido. Dende o seu punto de vista, esta actividade empresarial axudaría a promocionar Ponteceso "en revistas nacionais e internacionais especilizadas en vodas e outros eventos". Durante o pleno, tamén se aprobou a mellora da nave adquirida pola carpintería metálica Acesol  - anteriormente no Couto -para a súa actividade. "Calquera empresa que veña a Ponteceso ten alfombra vermella para desenvolver a súa actividade, sexa unha granxa, unha fábrica ou un comercio. Agora mesmo temos 14 parcelas en venda a 50 euros metro cadrado, o cal é un prezo imbatible na Costa da Morte" manifestou o alcalde. Urbanismo Dende o concello recoñecen que se está a rexistrar "un pequeno boom da construcción de vivendas unifamiliares no municipio" xa que se presentaron dez proxectos para levar a cabo en Corme, Pazos, Tella e Ponteceso. Neste senso, no pleno do pasado luns, o goberno municipal deulle luz verde ás licenzas urbanístas e de segregación e agrupamento de parcelas. "O ir e vir de arquitectos e contratistas é continuo polo Concello e todos saben que poden contar con nós para favorecer a actividade urbanística", manifestou o alcalde. Por último, o goberno de Ponteceso informou durante o pleno de que espera axilizar os trámites para aprobar o antes posible a ampliación de tres granxas de porcino e vacún que só en licencias suporán uns 30.000 euros de ingresos para o concello. O alcalde valora moi positivamente a iniciativa privada destes emprendedores; "hai que ter en conta os empregos creados na construcción das ampliacións e a creación de empregos fixos posteriores no sector primario".   Fonte  

Comentarios