Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ponteceso acolle un taller de aplicacións tecnolóxicas para a xestión forestal

Ponteceso acolle un taller de aplicacións tecnolóxicas para a xestión forestal
Xornadas TicForestais Asefoga

Chegan á Costa da Morte as Xornadas TicForestais e fano dende Ponteceso. As asociacións ASEFOGA e ÓDEGA están levando por toda Galicia esta sesión formativa que une as novas tecnoloxías coa xestión áxil e eficaz dos nosos recursos forestais.

En Ponteceso, o taller desenvolverase o sábado 03 de novembro 2018 no Centro Cultural de Ponteceso (9:30-13:30, 16:00-19:30). Á cita están invitados todos os membros do sector, propietarios forestais e comunidades de montes, profesionais e a industria da madeira, así como a estudantes, profesores, científicos e xestores públicos…

Será unha sesión moi práctica na que se coñecerán aplicacións como o Wuudis, Iforest, Saxmel, SmartWood ou Maderea.

A asistencia gratuíta, se ben hai prazas limitadas, polo que podes facer a túa inscrición enviando o teu nome completo e xornada á que queres asistir a [email protected] , e recibirás un Diploma de asistencia que acreditará adquirir coñecementos en novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/122599-2/

Comentarios