Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Ponteceso é "membro de ouro" da rede galega de praias sen fume

Ponteceso é "membro de ouro" da rede galega de praias sen fume

O Concello de Ponteceso ven de recibir a categoría de membro de ouro da Rede galega de praias sen fume por ter declarados todos os seus areais como libres de fume. Esta rede é promovida polo Programa de Promoción da Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Dende o Concello, agradecen a concesión desta categoría de ouro e aseguran que continuarán traballando para facer dos espazos naturais do municipio os máis acolledores e saudables para todos aqueles que os visiten.

comentarios