Martes. 19.11.2019
El tiempo

Ponteceso mostra 51 páxinas das nosas letras na honra de Pondal

Ponteceso mostra 51 páxinas das nosas letras na honra de Pondal
Inauguracion da Exposicion 51 paxinas das nosas letras en Ponteceso Inauguración da Exposicion 51 páxinas das nosas letras en Ponteceso

Pola casa de Pondal tiña que pasar esta mostra itinerante “51 páxinas das nosas letras” Organizada polo Parlamento, coa colaboración da RAG e a Xunta, nace para homenaxear aos escritores e escritoras aos que se dedicou o Día das Letras Galegas dende a súa creación en 1963. Un recoñecemento que recaerá neste 2016 en Manuel María.

Unha completa comitiva achegouse ata a Biblioteca de Ponteceso, presidida por Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento de Galicia, demais do alcalde, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o secretario xeral de Política Lingüística, o presidente da Real Academia, e a vicepresidenta segunda da Cámara.

A mostra “51 páxinas das nosas letras” está aberta ao público na Biblioteca de Ponteceso despois de ter visitado numerosos puntos da xeografía galega, española (Madrid e Barcelona) e internacional (Bruxelas, Buenos Aires e Montevideo).

O acto inaugural contou coa participación alumnos e alumnas do Colexio Eduardo Pondal de Ponteceso e rematou coa interpretación do Himno Galego.

Inauguracion da Exposicion 51 paxinas das nosas letras en Ponteceso 2

A mostra

A exposición está integrada polas Medallas das Letras Galegas, pertencentes á colección de arte do Parlamento de Galicia. Son obra do debuxante e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía. Están acompañadas dun perfil biográfico e unha breve relación das obras escollidas de cada autor. Tamén incorpora un vídeo sobre a historia do Día das Letras Galegas que inclúe o relato, en primeira persoa, de Francisco Fernández del Riego, impulsor da primeira celebración do Día das Letras, a de 1963.

A mostra, deseñada con vocación itinerante, foi inaugurada inicialmente na sede do Parlamento de Galicia en decembro de 2013 con 51 pezas. Desde entón sumáronselle as medallas de Xosé María Díaz Castro (homenaxeado en 2014) e de Xosé Filgueira Valverde, que centrou a celebración de 2015.

Novas relacionadas

Fonte

  • Parlamento de Galicia.

Comentarios