Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ponteceso viaxou con Elas polo mundo

Ponteceso viaxou con Elas polo mundo
Lucas Blanco presentando a exposicion Obxectivo Elas na Biblioteca de Ponteceso Lucas Blanco presentando a exposicion Obxectivo Elas na Biblioteca de Ponteceso Fotos de Lucas Blanco na exposicion Obxectivo Elas na Biblioteca de Ponteceso Fotos de Lucas Blanco na exposicion Obxectivo Elas na Biblioteca de Ponteceso A Biblioteca Municipal de Ponteceso foi escenario este pasado xoves á tarde dunha interesante charla - exposición sobre a igualdade de xénero protagonizada polo fotógrafo naronés Lucas Blanco. >Unha escolma de imaxes tomadas polo propio autor en países como Alxeria, Senegal, India ou Ecuador, con mulleres e nenas como protagonistas, servíu para abrir un animado debate sobre os roles femininos nas diferentes culturas e as desigualdades e inxustizas sociais que se seguen a producir por razón de sexo. O freelance estivo acompañado pola escritora Amelia De Querol Orozco, quen, ademais de recitar algúns dos seus poemas, realizou unha pequeña teatralización para denunciar estereotipos sexuais aínda vixentes. Aínda quedan quince días por diante para visitar, de 9 a 13 e de 16:30 a 20:00 horas, a mostra fotográfica "Obxectivo ELAS", organizada pola Concellería de Educación que dirixe Carlos Penedo, na que poderás ver imaxes tan impactantes coma estas. 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/no-momento-no-que-tomas-consciencia-de-que-estas-sendo-vitima-da-violencia-machista-a-saida-esta-en-solicitar-apoio/

Comentarios