Xoves. 25.04.2024
El tiempo

CEMMA celebra dúas xornadas de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños en Razo e no Osmo

Cemma na rede de varamentos en Carballo e COrme
CEMMA celebra dúas xornadas de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños en Razo e no Osmo

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) prepara dúas actividades formativo-divulgativa na comarca sobre a asitencia á fauna mariña ameazada, tartarugas e mamíferos mariños. 
A iniciativa enmárcase dentro da campaña divulgación sobre a Rede de varamentos de Galicia que está a levar a cabo a CEMMA, coa axuda da Deputación da Coruña.

A primeira celebrarase estec sábado 9 de outubro na praia de Razo. O punto de encontro será o aparcamento
contra o rego de Oza.

A segunda será o sábado 16 ás 11:00h na Praia do Osmo de Corme.

A actividade deste sábado consiste en expoñer a presenza das especies obxectivo da asistencia a varamentos, as diferencias básicas entre tartarugas (réptiles) e lobos mariños e cetáceos (mamíferos), así como o que podemos ou debemos facer para poder asistir en primeira instancia a un animal varado. O público obxectivo é xenérico aínda que tamén está destinado a membros de protección civil, policía local e especialistas de medio ambiente, así como aos compoñentes dos Grupos de Voluntariado de Cobertura da CEMMA, que son os grupos locais de apoio. Calquera que sexa o teu caso, podes inscribirte enviando un correo electrónico cos teus datos a [email protected].

Comentarios