Martes. 14.07.2020
El tiempo

Renovarán o firme de 3km da estrada de acceso a Corme por Brántuas, A Campara e Pazos

Primeiro tramo da estrada da Campara a Pazos que será renovado
Primeiro tramo da estrada da Campara a Pazos que será renovado
Renovarán o firme de 3km da estrada de acceso a Corme por Brántuas, A Campara e Pazos

A Deputación da Coruña levará ao pleno de maio a aprobación dun investimento de 369.774 euros para renovar completamente o firme de tres quilómetros da estrada provincial DP 6805 de Campara a Pazos, entre os pq 0+000 e 3+000 (Campara dirección Pazos), en Ponteceso.

Esta será a primeira das obras que se realizarán, pois a idea é mellorar todas as viais provinciais de acceso a Corme por Pazos, A Campara e Brantuas, como a citada DP 6805 e a DP 6801, que conforman un tramo duns 10 quilómetros que atravesa os núcleos de Brantuas, A Campara e Pazos.

As obras comezarán coa apertura de cunetas e limpeza das marxes do vial para continuar despois co fresado e reparación das zonas máis danadas do firme e o acondicionamento dos accesos para evitar que entre a auga nas vivendas.

O prazo de execución das obras será de cinco meses a partir do seu inicio.

comentarios