Luns. 25.01.2021
El tiempo

Requisados en Corme 23 kilos de nécoras recollidos en Malpica

Necoras requisadas en Corme e Malpica
Necoras requisadas en Corme e Malpica
Requisados en Corme 23 kilos de nécoras recollidos en Malpica

Entre Corme e Malpica se desenvolveu o novo operativo contra o furtivismo da Garda Civil. Foi o Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, cando se atopaba en servizo de vixilancia de costas e portos, o que observou no porto de Malpica a unha persoa como recollía dous sacos de rede que se achaban fondeados e os introducía nun camión.

Instantes despois inicia a marcha ata chegar ao porto de Corme, onde tras descargar ambos sacos foi interceptado e identificado, resultando ser un veciño do municipio de Ponteceso de 44 anos de idade.

No interior dos sacos atopáronse un total de 23 kg de nécoras carentes de calquera tipo de documentación que amparase o seu transporte e trazabilidade, procedendo nese momento á aprehensión do marisco por suposta infracción á Lei 11/2008, de Pesca de Galicia, tramitando unha proposta de sanción para a súa remisión á Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña.

Novas relacionadas

comentarios