Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Seareiros da Fundación Eduardo Pondal acudiron en Celanova á romaría da Virxe do Cristal

Seareiros da Fundación Eduardo Pondal acudiron en Celanova á romaría da Virxe do Cristal
Romeiros da Fundacion Eduardo Pondal en Celanova-Foto- XM Varela

Un grupo de seareiros que acoden ás actividades da Fundación Eduardo Pondal participaron nunha visita organizada por esta entidade ás terras de Celanova; en concreto, á romaría da Virxe do Cristal.

A saída efectuouse ás 8 da mañá do pasado sábado desde o pombal da reitoral de Cospindo e chegouse ó santuario do Cristal ás 11.30 co tempo xusto para acompañar a procesión ata o alto de Vilanova dos Infantes. Alí representouse a danza dos zapateiros. Finalizada esta a comitiva volveu ó Santuario para escoitar a misa, visitar a Alameda de Celanova, vila na que xantaron os pontecesáns.

Pola tarde, percorreuse a Praza do Millo e a Rúa de Abaixo e realizouse unha visita guiada polo mosteiro e a capela mozárabe de San Miguel para, a continuación, visitar a Rúa de Riba e a Fundación Curros Enríquez. Regresouse a Ponteceso ás 18,30h.

Todos os excursionistas coincidiron na admiración sobre a romaría (moi enxebre), o coidado na reconstrución arquitectónica de Vilanova dos Infantes (modelo para O Couto, por exemplo) e a grandiosidade e labra da igrexa do mosteiro de Celanova (semelláballes unha catedral coma a de Santiago).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios