Xoves. 21.11.2019
El tiempo

Socialistas de Ponteceso critican a “hipocrisía” e o “afán de protagonismo” de Lois Carballido

Socialistas de Ponteceso critican a “hipocrisía” e o “afán de protagonismo” de Lois Carballido

Lois-Carballido-alcalde-de-Ponteceso-2Volve á carga un grupo de militantes e compañeiros da lista de 2015 do PSOE de Ponteceso. A semana pasada criticaban criticaban o incumprimento o procedemento na elaboración da lista. Hoxe van máis alá focalizando as súas denuncias sobre o actual alcalde, o "compañeiro" Lois Carballido.

Este é o escrito que nos envían para denunciar a "hipocrisía" e o afán do protagonismo:

 

Escrito dun grupo de militantes e compañeiros da lista de 2015 do PSOE de Ponteceso

O alcalde de Ponteceso amosa a súa verdadeira cara. Leva dous mandatos á fronte do grupo municipal do PSdeG-PSOE, a primeira (2011-2015) como líder da oposición. No ano 2015 quixo presentar unha lista renovada, e algúns compañeiros e compañeiras decidiron dar un paso ao lado para facilitar esa renovación e presentar un equipo para gobernar. O resultado das eleccións permitiu que, despois de 22 anos de goberno do Partido Popular, fose posible a confluencia das forzas da esquerda para formar un novo goberno encabezado polo PSOE.Cunha incuestionable lealdade, os concelleiros e concelleiras, arroupados sempre pola militancia, apoiamos e defendemos ao alcalde de inxerencias do resto do goberno e de denuncias da oposición, e mesmo de dous intentos de moción de censura nos que tiveron que intervir as comisións executivas municipal e provincial. Conseguimos sacar adiante un goberno, proxecto e un concello que se atopaba nunha situación económica desastrosa e que, catro anos despois, goza dunha boa saúde económica que nos permite acometer obras, impulsar o deporte e a cultura, atender as necesidades sociais...

E todo iso é froito de moitísimo traballo, de moitos esforzos persoais e colectivos pensando sempre en mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Non podemos aceptar o seu agradecemento, señor alcalde, e non porque sexamos desagradecidos, senón pola súa actitude hipócrita.

O seu afán de protagonismo e a súa ambición lévano a intentar manterse na Alcaldía a calquera prezo, saltándose o regulamento do congreso do 10 de novembro do 2018 para a elaboración das candidaturas e traizoando aos compañeiros e compañeiras que o apoiaron, non xa por non incluílos no novo proxecto, senón por nin sequera ter a decencia de comunicarllo previamente e ter que sabelo por terceiras persoas. A única traizón foi a súa por valerse do apoio da estrutura interna do partido para os seus intereses persoais. Que poden esperar os veciños e veciñas de Ponteceso de alguén que actúa así? A canta xente está disposta a traizoar para manterse no poder?

Por último, queremos agradecer á veciñanza o apoio recibido nestes catro anos e tamén nos últimos días. Pola parte que nos toca, aínda que non poidamos facelo dende o Concello, seguiremos traballando por un Ponteceso mellor.

  • Firmado: Militantes e compañeiros da lista de 2015 do PSOE de Ponteceso

Comentarios