Venres. 19.04.2024
El tiempo

Suso Lista presenta, por fin, a súa nova novela en Corme

  • O Hotel Bela Fisterra acolle a presentación da antoloxía "Fisterras Atlánticas"
Suso Lista na Fundacion Eugenio Grannel-Foto-PabloenCompostela
Suso Lista a pasada semana na Fundación Eugenio Grannel-Foto-PabloenCompostela
Suso Lista presenta, por fin, a súa nova novela en Corme

Por fin. Suso Lista pode por fin presentar na súa casa o seu novo libro. “Como a roda no Muíño” foi presentado en decembro, pero coa pandemia nos seus máximos niveis de incidencia era imposible. A semana pasada xa abría a veda en Santiago, da man da Fundación eugenio Grannel, e esta Semana Santa aproveita para presentar a súa novela na Praza da Ribeira, en Corme.

A cita será o sábado 3 de abril ás 17:00h, e estará arroupado por Xosé Manuel Varela (que sempre acompaña a Suso como asesor lingüistico) e Migurel Toval.

Será un momento ideal para ver ao escritor cormelán debullando como lle ocorreu esta “valleinclanesca” historia dun impertinente emigrante galego nado en Suiza que acaba facendo o Camiño de Santiago acompañado dun burro, o gran Babieca. "Unha novela de viaxes, de historia, de ciencia, ecoloxista, retranqueira, quixotesca, diferente... con persoeiros algo disparatados e politicamente correcta e incorrecta á vez", conta Pabloen Compostela tras ver a presentación en Santiago.

Presentacion en Corme con Suso Lista

Fisterras Atlánticas, en Fisterra

Fisterras Atlanticas s

Na mesma liña, o Hotel literario Bela Fisterra acolle este venres 2 de abril, ás 12:00h a presentación do libro “Fisterras Atlánticas: unha antoloxía da poesía Galega e Irlandesa contemporánea”, unha antoloxía editada por Medulia na que a Costa da Morte ten unha importante presenza. Os editores Antonio Raúl de Toro e Xosé Miguel Jiráldez estarán na nosa comarca.

Novas sobre Suso Lista

Fonte

Comentarios