Venres. 26.04.2024
El tiempo

Suso Lista presentou na casa os contos verdadeiros de Charamuscas

Suso Lista presentou na casa os contos verdadeiros de Charamuscas
Suso Lista presentando Charamuscas-Foto-Gin Vidal Suso Lista presentando na Solaina de Corme o novo libro Charamuscas-Foto-Gin Vidal Arroupado pola súa xente, o bo de Suso Lista presentaba este pasado sábado 27 de maio o seu novo libro “Charamuscas”, que completa a súa triloxía de relatos curtos. Ao pé da Solaina cormelá Suso presentou a súa nova obra xunto co editor de Embora Miguel Toval e Xosé Manuel Varela, o responsable da revisión lingüística. Suso, xa todo un autor cunha voz definida e recoñecible, foi debullando as historias salgadas polas que transcorre o libro, que vai dende o mesmo porto cormelá por toda a costa galega de Ribadeo a Baiona, e atraca en lugares tan dispares como Mojacar. Desta volta, Corme, sen citalo, está no fondo de todos os seu relatos. Un libro cheo de historias auténticas, cunha linguaxe tan humana, tan real, que nos fai mollarnos de mar. “Só as mans verdadeiras escriben contos verdadeiros”, que escribe Manuel Rivas no prólogo Editado por Embora, “Charamuscas” xa está nas librarías e tamén na web de Edicións Embora para encargar. E agora, despois desta triloxía de relatos, parece que a Suso tócalle tomarlle o pulso ao que podería ser a súa primeira novela. Estaremos atentos! Libro de Suso Lista Charamuscas-Edicions Embora

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios