Domingo. 28.02.2021
El tiempo

É tan importante protexer o litoral da Costa da Morte?

Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras e asinante do “Aldeas con horizonte”, volve lanzar o seu dardo contra a invasión eólica en prol do noso patrimonio natural.
Cormoran-Vane CT
Cormorán mariño-Foto: Vane CT
É tan importante protexer o litoral da Costa da Morte?

A rede ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) é unha figura de protección para as aves, especialmente as aves migratorias.

As zonas ZEPA e os LIC (Lugares de Interese Comunitario), compoñen a Rede Natura 2000, co obxectivo da conservación da biodiversidade na Unión Europea.

As actividades humanas que están permitidas nas zonas ZEPA son todas aquelas que non perxudiquen ás especies de aves polas cales protexeuse dita zona.

O espazo mariño da Costa da Morte ocupa unha boa parte da plataforma continental, no noroeste de Galicia. A privilexiada situación xeográfica e os fortes ventos de compoñente N e NW, fan que este espazo teña especial interese para recibir gran número de aves migratorias. Calcúlase que máis dun millón de aves mariñas pasan pola Costa da Morte durante o verán - outono. Esta zona convírtese nuha importante área reprodutoria e de alimentación, tanto para especies en migración como para as locais.

A conservación destas agrupacións de especies mariñas na ZEPA resulta prioritaria debido a que os valores poboacionais xustifican a importancia ornitolóxica da zona.

A importancia da Rede Natura 2000 vñen da necesidade de facer efectiva a conservación de hábitats, flora e fauna por medio da declaración de zonas ZEPA. Lembrar a obriga do estado de facela efectiva. Non tería sentido que non prevalecera a protección de ditos lugares sen unha regurosa vixiancia.

O POL (Plan de Ordenación do Litoral de Galicia) ten como unha das súas funcións: A protección e conservacióndos recursos naturais do litoral, a traves do establecementos de criterios para o mantemento; e custodia dos elementos naturais, das praias e, en xeral, da paisaxe do litoral.

Non faltan razóns para resaltar a importancia de protexer o litoral da Costa da Morte. Só a conciencia de saber que temos ao noso alcance un espazo paisaxístico e cultural fai que esteamos protexendo e defendendo estes ecosistemas únicos no continente europeo.

  • Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras.
 

Novas sobre os eólicos

comentarios