Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un novo falecido tras un accidente co seu tractor

Un novo falecido tras un accidente co seu tractor

Outro accidente cun tractor acabou ca vida dun home a pasada noite en Agra de Tella, ponteceso. Eran as 21:30h cando un veciño alertaba ao 112 do accidente, mobilizando un operativo composto polo 061, os Bombeiros de Carballo, e o GES de Ponteceso.

Os equipos de salvamento puideron liberar ao condutor do tractor que estaba atrapado debaixo do vehículo, pero xa era tarde e nada puideron facer por salvarlle a vida.

Caída dun home do GES

Un membro do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso sufría onte, arredor das 19:00h, unha forte caída cando trataba de retirar un niño de avespas asiáticas nun alpendre entre Ponteceso e Cabana. Ao pasarlle desapercibido un burato que había no piso, o traballador caeu ao chan e sufriu lesións de importancia nun brazo.

Decontado, o efectivo foi evacuado polos seus compañeiros ao Centro de Saúde próximo, onde recibiu as primeiras atencións antes de someterse a novos exames co fin de coñecer o alcance das súas lesións.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/falece-un-home-en-agualada-tras-quedar-atrapado-no-seu-tractor/

Comentarios