Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha muller falece nun atropelo en Ponteceso

Unha muller falece nun atropelo en Ponteceso
Atropelo mortal en Ponteceso

Unha muller de avanzada idade, da parroquia de Tallo, morreu atropelada esta mañá en Ponteceso. Un vehículo arrolouna nas inmediacións dun centro cultural situado na Avenida de Carballo. Unha persoa particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia minutos despois das 9:30 horas de hoxe. Os médicos do PAC acodían de contado pero non puideron reanimala vítima, que falecía no mesmo lugar no que se produciu o atropelo.

Ao lugar acodiron Urxencias Médicas, dos Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso. Tamén se deu aviso á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Atropelo mortal en Ponteceso 1

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios