Luns. 30.11.2020
El tiempo

A zona do Roncudo abre o percebe, sen festa, por primeira vez dende o Prestige

Confraría e concello recordan a recomendación e advertencia de non facer botellón coincidindo coa data da festa do Percebe
Percebeira de Corme
Percebeira de Corme
A zona do Roncudo abre o percebe, sen festa, por primeira vez dende o Prestige

Este sábado 11 de xullo ía ter lugar a Festa do Percebe do Roncudo. Pero o covid levouna por diante, como tantas outras celebracións, deixando a 28ª edición para o 2021. Así e todo dende a confraría chaman á prudencia ante as posibles quedadas da mocidade da comarca que andan viralizando nas redes un “botellón” para celebrar a data. “Xa virán os tempos de festa o ano que vén”, sinalan dende a confraría cormelá facendo unha chamada de atención á cidadanía.

Precisamente o Concello de Ponteceso recordan a recomendación e advertencia de non facer ningunha festa nin banquete, tanto a veciñ@s en xeral como a propietarios de locais privados.

En todo caso, no pósito están satisfeitos porque este verán vaise abrir a zona do Roncudo a pesar de non ter festa. Vai ser a primeira que acontece isto dende o Prestige, pois normalmente só se abre para a propia Festa e por Nadal.

O vindeiro xoves 16, un día polo día do Apóstolo e outro por agosto (xa quedaría para nadal), os percebeiros cormeláns poderán recoller “o mellor percebe do mundo”.

Unha moi boa nova porque hai pedras ás que no Nadal non se puido ir polos temporais, e deixalo ata agosto é un perigo polo furtivismo. É un momento ideal para “darlle un raleo”, aproveitando ademais os bos prezos na lonxa para particulares e hostalería para a temporada estival.

Así, non fallará ningún dos arredor de 30 percebeiros do pósito (estes días non saen todos á zona do Canteiro, unha das menos boas) para ir traballar ao Roncudo.

Sen esquecer a problemática da mexilla

O final de temporada, despois das tensas situacións provocadas polos bateeiros arredor da mexilla, pasou con bastante tranquilidade. Iso non implica que os percebeiros, que as confrarías do país baixen a garda para loitar ante a ridícula a proposta da Xunta para protexer apenas 50 dos 1700 km de costa que ten Galicia da extracción sen control da mexilla.

Por iso, xa están pensando na creación dunha mesa de negociación para que non pase coma sempre, que chegue o mes de nadal e volvan aparecer os extractores de mexilla por onde lles apeteza.

Novas relacionadas

comentarios