Xoves. 28.05.2020
El tiempo

O accidente investigado de Santa Comba durante o estado de alarma puido ter sido a 200km/h

Foto do contaquilómetros do Audi TT momento do accidente
Foto do contaquilómetros do Audi TT momento do accidente
O accidente investigado de Santa Comba durante o estado de alarma puido ter sido a 200km/h

Continúa a Garda Civil investigando o accidente de Santa Comba producido en pleno estado de alarma, sufrido por dous mozos de Santa Comba. Dadas as circunstancias do accidente (foi ás 3:00h da madrugada, por un condutor que triplicaba a tasa permitida de alcolemia e o vehículo rematou a 150 metros do lugar do impacto, deixando anacos e anacos de coche por toda a calzada, e producindo lesións de carácter grave ao acompañante), a Garda Civil procedeu a ampliar a investigación, comprobando que ademais o marcador de velocidade sinalaba 200km/h no momento do choque.

Deste xeito, o condutor queda investigado por 3 posibles delitos: condución baixo a influencia do alcohol; condución manifestamente temeraria (ademais de ser en plena noite facía mal tempo, e a estrada é perigosa), e por lesións producidas por imprudencia.

Estado do coche no que quedou o coche accidentado en Santa CombaAccidente investigado en Santa Comba

Novas relacionadas

comentarios