Martes. 02.03.2021
El tiempo

Ángel Carracedo pecha o Programa de Educación Familiar na Diversidade de Aloumiño

Carracedo dando unha conferencia en Cee
Ángel Carracedo pecha o Programa de Educación Familiar na Diversidade de Aloumiño
s

Remata o curso no Programa de Educación Familiar que artella Aloumiños. Un programa que reflexionou sobre a educación na diversidade, con diferentes videoconferencias, e que bota o peche, coa oitava cita. Será o coñecidísimo Ángel Carracedo o encargado de ofrecer unha charla sobre Enfermidades raras o venres 26 de febreiro as 20:30h.

O de Santa Comba é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e membro do Comité do CIBER de Enfermidades Raras. Ten publicados 8 libros e máis de 800 artigos en revistas internacionais. As súas principais liñas de investigación inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica.

Podes inscribirte xa neste formulario online.

Novas relacionadas

comentarios