Martes. 19.03.2024
El tiempo

Antonio Landeira: "Toca reinventarse para saír da UCI"

Antonio Landeira cunha Pitusa
Antonio Landeira cunha Pitusa diante da histórica fábrica de Carbónicas Landeira
Antonio Landeira: "Toca reinventarse para saír da UCI"

”Se fago un símil sanitario, estamos na UCI”. O que fala así, intentando que a conversa colla un ton “positivo e de esperanza” é Antonio Landeira, e non fala da familia, senón da súa empresa xalleira, a histórica Carnónicas Landeira. Unha empresa con 65 anos de historia, pero que a día de hoxe está sufrindo como a que máis a paralización do sector da hostalería.

A empresa ten practicamente paralizado o 80% da súa actividade (“a distribución está moribunda”) polo que “estamos sobrevivndo co 20% da actividade e intentando reinventarnos”, explica. “Os fondos que tiñamos están practicamente agotados, e se a día de hoxe xa temos media plantilla en ERTE, a partir do mes que vén pode que vaiamos todos a outro ERTE a traballar a media xornada”, lamenta.

”No noso sector estamos sufrindo todos, pois vexo que camións da competencia van como os meus, e iso non me consuela nada. Nós representamos marcas importantes, pero non hai consumo, porque a hostalería está pechada e a limitacións non invitan a que a xente consuma”.

Reinventarse: A Pitusa como flotador

Ante esta situación, “hai que reinventarse”, sinala con esperanza de abrir novas vías de fabricación e poder chegar a “mercados novos”. “Se eu non son capaz de venderlle a Eroski ou Dia, teño que buscar unha forma de chegar ao consumidor final. Por iso estamos intentando a venta directa a domicilio".

Nesa liña, a produción da marca a Pitusa, un referente no país no sector dos refrescos, loita por manter a flote a empresa, “intentando diversificar a distribución cara o sector da alimentación”. Isto é, ante o esmorecemento das pequenas tendas de aldea, cómpre conseguir situarse nos grandes triunfadores de todo isto: os grandes distribuidores.

”Este ano conseguimos vender en Gadis, que valoraron o feito de que sexamos un produto feito aquí. Pero estanos sendo complicado entrar noutros supermercados como Eroski ou Día. As dificultades máis grandes para entrar aí é que no sector dos refrescos hai empresas moi potentes, e ou ben xa ten o portofolio cuberto, ou poñen o prezo por diante do produto, e aí non podemos competir con grandes multinacionais”.
Para dar unha alternativa, Landeira está ofrecendo “un servizo descentralizado, levando o produto ás tendas propias deles”.

A caida dos ultramarinos

Outros dos efectos da pandemia é a desaparición da tenda de toda a vida, un dos espazos onde Landeira e a Pitusa tiña máis presencia. “As tendiñas do rural levan tempo pechando. As xentes marchan das aldeas aos pueblos, e a xente vaise xubilando. Con esta pandemia a situación vaise complicando bastante máis. E para nós é unha mala nova porque si que tiñamos moita presencia nesas tendiñas”, explica.

”As axudas teñen que ser agora”

”Non sei se está ben que o diga eu, sendo quen fun”, adiante en referencia a que foi alcalde popular en Santa Comba, “pero non estou para nada contento coas accións nin da Xunta nin do goberno central. Moito falar e pouco facer. As axudas son un conto, e teñen as súas trampas. Poñen trabas en vez de facilitar e esa debería ser a súa labor. As subvencións, axudas, préstamos, tiñan que ser claras, concisas e contudentes, e teñen que se xa! Non vale que cheguen en setembro ou novembro que igual xa estamos pechados”, sentenza cabreado.

”Está ben facilitar o crédito, pero hai que mirar a cara B deste tipo de axudas. As axudas teñen que estar vistas para sobrevivir agora, non dentro de 6-7 anos”, explica. “A min denegáronme unha subvención por non estar ao día con facenda. E si que estou, pero ao parecer, ao ter solicitado un aprazamento xa ma rexeitaron de inicio. A contestación foi moi grave: “reclama que cha aprobamos”; pero entre recursos e demais cando ma aproben igual xa non estou aquí”.

E extende tamén a responsabiliade aos bancos. “As malas prácticas dalgunhas entidades financieiras si que provocan que os cartos non cheguen como teñen que chegar. Apróbanche un préstamo e tamén tardan 40 días porque o Banco de España teñen que dar ok… Non pode ser”.

Futuro esperanzador

En calquera caso, quere deixar unha menaxe esperanzador, focalizando nesa idea de reinventarse e na capacidade do sector produtivo galego para adaptarse a calquera circunstancia.

Comentarios