Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aprendendo a usar o composteiro

Compostaxe Santa Comba
A alcaldesa de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez fixo entrega dos composteiros
Aprendendo a usar o composteiro
Santa Comba é un dos Concellos que aposta pola compostaxe caseira, ese programa que permite que que a veciñaza reduza a súa produción de lixo orgánico, que ademais se aproveitará para a creación de compost para as súas hortas.
 
Onte, Sogama realizaba a entrea de 50 composteiros aos xalleiros que, de maneira voluntaria , decidiron participar en dito programa. Acodiron a un acto no o Auditorio do Edificio Multiusos no que os instrutores de Sogama  informaron de primeira man información teórico- práctica sobre o uso do composteiro.
Nesta xornada formativa tentouse explicar a operativa a seguir por cada familia para poder obter un compost de alta calidade, facendo un percorrido polas distintas fases do proceso.
Un proceso que se inicia na localización do composteiro nun lugar idóneo e adecuado; sigue cunha relación de materiais que se deben e non se deben depositar no mesmo; e a vixilancia dos parámetros adecuados para o éxito do proceso, como poden ser como o osíxeno, a temperatura e a humidade.
 
 

Comentarios