Luns. 13.07.2020
El tiempo

Axentes Ambientais controlan as limitacións de tamaño e número na pesca dos ríos costeiros

Estas semanas xa realizaron varias incautacións nos ríos Abuí, Touzas e Castro
Axentes Ambientais de Galicia incautaron estas troitas no río Castro, en Vimianzo
Axentes Ambientais de Galicia incautaron estas troitas no río Castro, en Vimianzo
Axentes Ambientais controlan as limitacións de tamaño e número na pesca dos ríos costeiros

Semanas de actividade nos ríos por parte dos Axentes Ambientais de Galicia. Veñen de realizar diferentes accións contra o furtivismo nos ríos da comarca, procedendo a denunciar varios pescadores por pesca ilegal.

Por exemplo, este mércores a patrulla descrubiu un pescador no Río Abuín, Santa Comba, en posesión de troitas que non respectaban a limitación de tamaño. Procedeuse a denunciar e a incautar as pezas capturadas (trasladadas a un centro benéfico), ademais de incoar unha sanción de 600€, ademais da valoración das pezas ocupadas por tamaño e número para o cálculo de indemnización.

O pasado martes tocou vixilancia polo Río Castro, Vimianzo, onde atoparon un pescador con troitas que non respectaban as limitacións de número e tamaño.

Igualmente, a pasada semana, o pasado venres tiña lugar unha nova acción dos Axentes no río Touzas, Dumbria, segundo informa o Sindicato de Axentes Medioambientais/Forestais de UGT Galicia.

Rio Touzas Dumbria
Troitas incautadas no río Touzas, Dumbría

comentarios