Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Bolsas e manteis ecolóxicos para comprar en Santa Coba

Manteis e bolsas de papel para os que mercen nos comercios de Santa Comba
Manteis e bolsas de papel para os que mercen nos comercios de Santa Comba
Bolsas e manteis ecolóxicos para comprar en Santa Coba

A Asociación de Empresarios de Santa Comba comeza unha campaña de fomento do comercio local. Faino repartindo bolsas de papel e manteis individuais ecolóxicos aos seus asociados dos sectores de comercio e hostalería. O slogan que vai impreso nas bolsas dí “Mercar en Santa Comba que bonito é, xente traballando e negocios en pé”.

Mentres, nos manteis individuais levan un mapa do Concello de Santa Comba nos indica a situación das 17 parroquias e os castros, túmulos megalíticos da prehistoria, estelas funerarias e miliarios dos restos de período romano e os pazos que hai espallados en todo o territorio do noso concello.

Cursos

Así mesmo destacan que tivo moi boa acollida o recén rematado o curso de informática sobre facturación electrónica, certificado dixital e trámites coa administración e xunto a colaboración da Asociación Costavales o roteiro de plantas silvestres comestibles e medicinais foi un éxito total de participación.

Ruta de tapas

A entidade está inmersa na organización da XI Ruta de Tapas que se levará a cabo do 15 ao 24 do mes de novembro durante dúas fins de semana e na II Feira de Outono onde colabora tamén conxuntamente coa Asociación Costavales e que terá lugar no recinto feiral de Santa Comba os días 8, 9 e 10 de novembro, onde poderase atopar artesanía, comercio, hostalería, automoción, gastronomía local e de empresas foráneas e para os máis pequenos disporase dun alegre e divertido recuncho infantil.

Novas relacionadas

Comentarios