Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Comercio, deportes e ioga, básicos no programa municipal da primavera xalleira

Equipo de goberno de Santa COmba
Comercio, deportes e ioga, básicos no programa municipal da primavera xalleira
Comercio, deportes e ioga, básicos no programa municipal da primavera xalleira

Xa contamos que a primavera en Santa Comba volverá estar marcada polo Motor. Pero non será a única actividade xa programa polo goberno xalleiro. Comercio, ioga e deporte serán protagonistas ao longo do curso.

Este mes de novembro, os días 8, 9 e 10, a Asociación de Empresarios organizará a súa tradicional feira de outono. Na mesma liña de dinamización comercial, a tradicional Feira de Primavera terá lugar os días 20, 21 e 22 de marzo dando a inauguración da primavera, época onde se concentran a grueso de actividades municipais de Santa Comba.

Festival de Ioga

Así o anunciaba a concelleira de deportes Cristina Fajín, que en breve pecharán as datas da nova edición do festival de Ioga, outra das actividades con gran demanda, que máis xente de fóra atrae ao municipio e que foi pioneiro e referencia para outros municipios do país, onde non se estilaba este tipo de eventos ata a iniciativa xalleira que cada ano se consolida como evento deportivo, gastronómico e musical ligado ao Ioga. A pretensión municipal é fixar as súas datas na segunda fin de semana de semana de xuño, os días 12, 13 e 14.

Circuito Correndo pola Costa da Morte

A nova concellería vai intentar que Santa Comba se una ao circuito de carreiras populares da Deputación Provincial da Coruña no que participan todos os concellos da Costa da Morte, e que serven de motor da economía local. De feito o circuito Correndo pola Costa da Morte ocupa o segundo lugar do ranking de eventos deportivos con potencialidades turísticas na Costa da Morte, si por detrás do Gran Fondo do Ézaro, e en cada edición contabilizanse por miles os participantes. Por iso estase tamén en negociacións co ente provincial para poder incluir unha carreira popular de forma estable no municipio dentro do circuito de carreiras populares do ente provincial.

Novas relacionadas

Comentarios