Domingo. 11.04.2021
El tiempo

Dous certames para animar o nadal xalleiro

Concursos de Nadal de Santa Comba
Dous certames para animar o nadal xalleiro

Ademais da pista de xeo, a gran atracción do Nadal xalleiro, o Concell o de Santa Comba artella un par de concursos para animar as datas.

XIV Concurso de Escaparates de Nadal

O Concello e a Asociación de empresarios, organizan abren dende o 7 ao 23 o prazo de inscrición para o tradicional concurso para escolelr os tres mellores escaparates, que terán uns premios de 450, 300 e 150€ para consumir no comercio local.
O xurado estará formado por tres profesionais xalleiros Cristina Durán Arufe (Licenciada Belas Artes), Caty López Negreira (Arquitecta de interiores) e Javier Campos Vázquez (Estudio superior de Interiores).
Ademais, haberá un premio outorgado polas redes sociais.
Podes consultar as bases na web.

Concurso Miradas de Nadal

No marco deste #NadalDistinto, e coa finalidade de dar visibilidade e provocar interaccións sociais a través de fotografías, a Concellería de Cultura lanza este concurso de fotos que se poden enviar a [email protected] ou ao 663 728 968 para subiren ás redes do Concello de Santa Comba, facebook e Instagram, coas etiquetas #miradasdenadalsantacomba e #SantaCombainfo.

Haberá 4 premios, 2 por cada rede social, de 30 e 20 euros para consumir no comercio local.

Poderanse enviar ou etiquetar fotografías entre as 00.00h do día 5 de Decembro ata as 23:59h do día 18 de Decembro.

Novas relacionadas

comentarios