Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Nando Baña, o primeiro xalleiro en conseguir o cinturón negro de taekwondo, busca unha Beca para o Centro de Tecnificación

Fernando Bana taekwondo Santa Comba
Fernando Baña co seu mestre Chema Salanova na cerimoria de entrega do cinturón negro
Nando Baña, o primeiro xalleiro en conseguir o cinturón negro de taekwondo, busca unha Beca para o Centro de Tecnificación

A Costa da Morte é potencia en materia de deportes de contacto. Pero este mozo de Busto (Santa Sabiña, Santa Comba), está rompendo moldes. Aos seus 16 anos xa é cinturón negro de taekwondo (o primeiro xalleiro en conseguilo) e está sacando a cabeza entre os mellores do panorama estatal.

A forte dedicación é un dos puntos fortes de Fernando Baña, pois non deixa de adestrar e mellorar a súa técnica (da man do seu adestrador Jayro Leis Tuñas), compaxinando coa súa exitosa participación en Campionatos galegos, nos Torneos internacionais e en Campionatos de España de Combate. Por se fora pouco, o xalleiro é un fantástico estudante, como o corroboran as súas notazas para rematar a ESO. 

O novo cinturón negro 1º DAN, queo  acredita internacionalmente, foille entregado por un dos seus mentores, Chema Salanova, do Ximnasio Maniotas de Noia, Clube co que compite tamén Fernando.

Baña busca agora a concesión dunha Beca para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, que lle permita seguir adestrando a primeiro nivel e manter os seus estudos, sen ter que atravesar Galicia cada semana. Esperemos que a Secretaría Xeral do Deporte así o estimen.

Comentarios