Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sevipol: Un repaso á historia da fábrica eólica de Santa Comba

Fabrica de Sevipol en SAnta Comba
Fábrica de Sevipol en Santa Comba
Sevipol: Un repaso á historia da fábrica eólica de Santa Comba

O anunciado peche da planta de fabricación de pas para aereoxeneradores que Siemens-Gamesa ten nas Somozas (na comarca de Ferrolterra), porá fin a unha longa traxectoria de Galicia como gran potencia a nivel europeo en materia de enerxía eólica. Un feito que, por certo, nunca repercutiu directamente nas nosas facturas nin na calidade do servizo que recibimos os galeg@s.

Como xa contamos en QPC, Santa Comba foi o berce do primeiro viravento comercial de Galicia, erguido no lugar da Illa (hoxe, paradoxicamente, exemplo da incomunicación do rural). Así mesmo, repasando a historia da enerxía eólica galega, a primeira fábrica de palas eólicas radicouse tamén no concello xalleiro. Chamábase Sevipol (Sevillana de Poliester), que na comarca traballo baixo o nome de “Desarrollos Eólicos” e estivo ubicada na nave que anos despois ocupou “Hobbykart”.

Corría o ano 1995, e o seu obxectivo era suministrar as pás para o parque eólico de Pico de Meda (en Zas), que tiña 65 aeroxeneradores, e posteriormente tamén se fabricaron para o de Mazaricos. Fabricaban unha pá ao día, como nos conta Argimiro Rey Fernández, un dos 28 traballadores da planta, a e hoxe traballador municipal. “O proxecto non durou moito a verdade, é menos mal, teño que dicilo, porque na fabricación estabamos enriba das resinas e se che metían dentro e queimábanche”, recorda.

Para outro dos traballadores, Jose Antonio Muñoz, non era tan grave. “É certo que as medidas de seguridade, hixiene, se cadra non eran as mellores para traballar con eses materiais, pois podería haber máis aspiración desas resinas. Pero todos os traballadores sentiron o peche da empresa, pois as condicións de traballo, soldos e xornadas laborais, eran moi boas”, explica.

Un peche por “mala xestión”

Muñoz detállanos como foi o peche da fábrica xalleira, xa no ano 2000, tras 5 anos de funcionamento. “A nosa empresa era unha subcontrata de Abengoa, unha empresa moito máis grande que está no IBEX, que enviou a xestionar a nosa fábrica xente pouco competente. Comezamos moi forte, pero non a atenderon debidamente, e cando Abengoa se decatou das perdas que daba a sección Desarrollos Eólicos, decidiron paralizar a fabricación (nós producíamos as pás e outras subcontratas facían as torres, por exemplo), e dedicarse unicamente á xestión de Parques”.

Deste xeito, e a pesar de que a fábrica xalleira traballaba como un reloxo (“nós entregábamos en tempo e forma”, explica Muñoz), “foron deixándonos sen carga de traballo ata que pechou”.

A empresa volveu a Sevilla e intentou derivar a produción á fabricación de iates, pero o proxecto non se conseguiu afianzar.

A vinculación xalleira coa enerxía eólica se mantivo, xa que o propio ex alcalde popular, Pepe Toja, condenado no seu momento a 4 anos de inhabilitación como autor dun delito de prevaricación polo caso das licenzas de “tablaos”, acabou convertínose en delegado de Galicia para a mesma EDP Renovables.

Visita institucional na fabrica de Sevipol
Visita dunha institucional comandada por Pepe Toja (no centro) á fabrica de Sevipol

A lembranza

Aínda a día de hoxe quedan vestixios deste pasado importante a nivel histórico de Santa Comba como capital da enerxía eólica na península. O Museo Terra do Xallas acolle a escala unha pá idéntica ás que se facían na fábrica, feitas e doadas ao concello por un daqueles operarios, Javier Capelo Freire.

 Enerxia eolica no Museo do Xallas en Santa Comba

Novas relacionadas

Comentarios