Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba lamenta a perda do músico e fotógrafo Herminio Silvariño

Herminio Silvarino
Herminio Silvariño nunha foto, premiada, da súa neta Isabel Silvariño
Santa Comba lamenta a perda do músico e fotógrafo Herminio Silvariño

Semanas de grandes perdas no Concello de Santa Comba. Ángel Carracedo Torreira ou Severino Amarelle son nomes históricos na vila xalleira. Como tamén o é Herminio Silvariño Vilas, músico e fotógrafo, que nos deixaba esta fin de semana aos 84 anos de idade.

Formou parte da famosa banda de música de Santa Comba, foi concelleiro, pero sobre todo foi durante moitos anos no único fotográfo de Santa Comba. De feito, ata os anos 90 non houbo voda, bautizo, comuñón ou acto relixioso que o non inmortalizara.

En calquera caso, o legado está asegurado da man da súa filla e da súa neta, que leva varios premios nacionais. De feito, unha imaxe que a neta, Isabel Silvariño, lle botou ao avó Herminio, ten o premio Nacional de Fotografía Quijote.

Herminio Silvariño coa sua neta Isabel e a foto premiada

Novas relacionadas

Comentarios