Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Medio millar de atletas ensalzaron o agro costeiro na Nestle Clásica Gandeira de Santa Comba

Amador Pena e Teresa Castro inauguran o palmarés do 10K da primeira edición da Nestlé Clásica Gandeira de Santa Comba.

Chegada da Nestle Clasica Gandiera
Medio millar de atletas ensalzaron o agro costeiro na Nestle Clásica Gandeira de Santa Comba

A Nestlé Clásica Gandeira de Santa Comba pretende instalarse con forza no calendario atlético galego, iniciando a súa andaina cun éxito de participación e organizativo que culminou coas victorias absolutas na distancia de 10k de 2 dos máis importantes representantes dos atletismo amateur galego nesta especialidade, Amador Pena na Categoría masculina e a mundialista Teresa Castro en categoría feminina.

Antes de que case 200 corredores afrontaran a proba raiña da xornada, outros 270 atletas de diversas idades participaron nas probas previas, de escolares e 3K, nunha magnífica xornada no climatolóxico no Campo da Feira de Santa Comba.

Nos 10k, os "máis xenuinos de Galicia", alternaban asfalto e terra, polas parroquias xalleiras de Santa Comba é Alón, atravesando no km 3 unha explotación gandeira, a SAT Os Agros de Alvarín, de 400 vacas de alta producción láctea en pleno "almorzo" vacuno, xerando imaxes de gran beleza cos atletas en pleno esforzo.

O calor e os ritmos altos fixeron mella nos atletas e o último km en subida pola " Costa de Papamoscas" destrozou a casi todos, menos o triunvirato que peleaba pola victoria Masculina, que se quedou en dúo en plena costa, do que Amador Pena resultou vencedor no sprint final. ‌

Podio feminino da Nestle Clasica Gandeira

Na categoría feminina, Teresa Castro, pese á diferencia coas súas competidoras, admitiu que sufriu polo calor e por equivocar os ritmos, co que a Papamoscas se lle fixo eterna. ‌O rosario de corredores foi chegando coa satisfacción de superar o reto, e agradecendo a singularidade dos paisaxes e percorrido da proba de Santa Comba. ‌

Podio masculino da Nestle Clasica Gandeira

A Concelleira de Deportes Silvia Cancela e a Alcaldesa María Pose amosáronse moi satisfeitas e ilusionadas pola aposta feita polo atletismo, vinculando a proba ao sector gandeiro da localidade e agradeceron a colaboración dos clubes Santa Compaña de ciclismo, CorreXallas de Atletismo, dos máis de 50 voluntarios e voluntarias que se desviviron por cada detalle para os participantes, dos socios da SAT Os Agros e de Nestlé, multinacional alimenticia que valorou a proposta deportiva do Concello de Santa Comba para pór en valor o traballo dos gandeiros da zona e a gran calidade do leite que producen.

Retransmisión completa

Comentarios